Neste momento tería que celebrarse a XVI edición de Expogrelo no concello de Abadín, pero debido á situación actual que estamos a vivir por mor do covid a edición deste ano ten que ser cancelada.

As edicións celebradas ata o de agora serviron para comprobar que a fama tradicional deste cultivo atopa unha boa saída nos compradores.
Así que este ano, desde o concello promocionan o sitio web expogrelo.com para a adquisición de grelos por parte dos compradores. A web, do mesmo xeito que o facía a feira, mostrará a calidade e sabor dos grelos que se producen nesta zona de Terra Chá e que ten unha merecida fama.

O Concello de Abadín decidiu apostar en 2006 por realizar unha feira anual dedicada a este produto e apoiar tamén aos produtores do municipio. O IXP Indicación Xeográfica Protexida de Grelos de Galicia naceu en outubro de 2009 para axudar á produción e comercialización e distribución deste alimento tan característico de Galicia.

É por iso que o día da venda en Expogrelo. com, os 20 produtores rexistrados no municipio de Abadín e baixo o IXP colleitan, seleccionan, pesan, empaquetan e etiquetan cada unha das madas vendidas na web, asegurando así a máxima frescura e calidade.

O tratamento da venda será directa entre o produtor de grelos e o comprador, sen ningún intermediario.